Fútbol, praias e libros

Libros, dos que se levan á praia, claro. Así e todo, un servidor quixera falar doutros libros, dos que conducen ós nosos herdeiros a aprobar ou a suspender, en resumidas contas, os que se levan ó instituto. O problema é que, se falamos de aulas e de educación non poderemos falar do que “realmente importa”, que hoxe segue a Liga e pronto volve a Champions. O feito de que os nosos rapaces e as nosas rapazas pasen de curso coas mates a medio explicar tampouco é tan grave, pois o feito de sumar un ou tres puntos lévano feito con corrección durante anos pero. Deixemos o fútbol pois todos somos vítimas, e máis no caso dun ourensanista de toda a vida coma min.



Dicía fai unhas liñas que mentres falamos de profesores vilipendiados e alumnos que inda non saben con que protocolo voltarán ás aulas en setembro, perdemos a ocasión de falar de praias, hoteis e turismo. O que vale, o das persoas do norte de Europa, que xa entran nun estado que apenas se lambe as feridas dunha crise sanitaria latente. Pero entran con cartos. O feito de que os nosos rapaces pasen coas ciencias naturais a medio impartir non doe tanto, xa que son perfectamente conscientes de que en agosto fai calor e hai que ir á praia e de “terraceo”. Até setembro inda queda moito, di a clase política; logo que a ninguén lle pareza raro que a xuventude estude o último día.

Están máis que claros o calendario ligueiro e as medidas de protección e distanciamento na praia pero ninguén sabe nada sobre o que acontecerá nas aulas, inda que non parece importar demasiado ós nosos representantes. O dito, ó final, de tanto falar de fútbol e praia quedei sen tempo para falar de libros.

Si estás interesado en recibir más información, envíanos un mensaje a nuestra página de Facebook, o en www.galexico.es, o mándanos un whatsapp o llámanos al 603 030 447, o visítanos en Rúa Dr. Fleming, 47, 1B, Ourense. #CompartiendoEducas

Comentarios

Entradas populares