O asasino en serie (III). Psicopatía e psicoticismo.


O asasino en serie realiza tódolos seus crimes co tempo dabondo para planifica-la agresión e anticiparse ás consecuencias dos seus actos. Na práctica, un asasino serial ten que ser ou ben un psicópata, ou ben un psicótico, tendo en conta, cada un destes termos, as diferentes características e, especialmente, a súa capacidade de estimación da realidade. 

Por unha parte, o psicópata razoa de modo lóxico ou realista, sempre de acordo cos seus reprochábeis obxectivos sen alucinacións nin delirios. Os seus problemas de personalidade veñen cando demostra ser incapaz de empatizar ou implicarse emocionalmente cos demais, de xeito que nin afecto nin dor pode sentir, non pode sentirse ligado a ninguén. Esta falta da capacidade de sentirse ligado a ninguén ten como consecuencia directa a falta de remordementos, que desembocan na falta do sentimento de culpa e, polo tanto na ausencia de conciencia e de valores humanos e morais. O psicópata é unha persoa que actúa sen ningún tipo de atadura moral, inda que para el sexa beneficioso. Exemplos típicos poden ser os francotiradores de Washington (os tiradores da autopista). 


No relativo ó psicoticismo, cómpre cinguirse á teoría de Eynseck, que establece que unha persoa psicótica ou con trazos derivados do psicoticismo é aquela que actúa de forma solitaria, sen preocupación polas persoas e con graves inconvenientes para manter relacións sociais, incluso con comportamentos antisociais. Para eles, reviste grandes complicacións o mantemento de conductas responsábeis e planificadoras, en adición, adoitan carecer de respecto polas normativas legais. 

As motivacións dos psicópatas, independentemente da súa porcentaxe de psicoticismo, son moitas e moi variadas, constituíndo os casos maioritarios as vinganzas perante a sociedade ou o sadismo sexual. Este último é o máis coñecido debido, en gran medida, a ser o máis atractivo des o punto de vista cinematográfico e documental. 

Segundo a teoría de Catherine Purcell, ademais da dimensión sádica da erotofilia atópase o elemento de luxuria ou erotismo, cuxo resultado é unha necesidade intensa de asasinar en se ensañar ca vítima, acadando a satisfacción sexual a través da tortura. Elo establece un patrón sádico de personalidade, que se caracteriza segundo varios indicadores como son a imposición intencional de sufrimento físico e psicolóxico da vítima, un sufrimento alongado no tempo ca fin de incrementar o pracer do suxeito activo e a asociación do sufrimento da vítima co pracer do asasino. 

É importante distinguir a un asasino sádico dun homicida sexual, o cal se define como calquera persoa que mata movido pola satisfacción sexual, mentres que, un homicida sádico faino buscando o sufrimento da vítima, xunto co seu pracer. De feito, actos como a violación, os golpes ou o asasinato propiamente dito non sempre son cometidos nun crime sádico, senón nun homicidio sexual. 

Como conclusión redundar nos compoñentes da personalidade do asasino serial, é dicer, sadismo, nembargantes non todos os asasinos son sádicos, polo que se debe estar ó sentido estrito do termo; a fantasía violenta, inda que non todos fantasían con matar á súa vítima senón que é froito das súas alucinacións en gran cantidade de ocasións; ou de posuír e compulsión a matar, que da a sensación de constituír un trazo do psicópata e o asasino en serie, inda que, nunha non escasa cantidade de casos, moitos dos asasinos foron quen de controlar dita urxencia e, outros, de demorala, de xeito que a planificación do asasinato alcanzase a mellor factura posíbel.

Comentarios

Entradas populares