Laboral: O despido procedente ou improcedente

Existe unha clasificación dos despidos que poden ser obxetivos, disciplinarios ou ben que sexan por causa dun expediente de regulación de emprego como xa vimos nos distintos posts. Nembargantes, todo despido pode ser procedente ou improcedente.

O despido realizado por unha empresa so poderá se por causas legalmente establecidas. Polo tanto, un despido pode ser procedente ou improcedente se se leva a cabo correcta ou incorrectamente. Esta correctitude debe ser calificado por un xuíz.

Será improcedente cando ó xuiz lle da a razón ó traballador e será considerado nulo cando o despido vulnere os dereitos fundamentáis ou se atope en determinados supostos que teñen explicados nesta outra entrada. E será procedente, dándolle a razón á empresa non tendo dereito o traballador a máis cuantía indemnizatoria que a xa disposta.


Procedemento do despido.

a) A entrega da carta de despido

É importante coñecer o procedente que se ten que seguir cando a empresa quere despedir a un traballador. E vital que, se a empresa non sigue adecuadamene o procedemento, o despido será improcedente, inda que existan causas xustificativas do despido.

O primeiro, como xa vimos no despido obxetivo, terase que entregar a carta de despido ó traballador, con indicación da data efectiva do despido, asi como a causa xustificativa do mesmo que ditará se é un despido obxetivo ou disciplinario.

b) Posta a disposición da indemnización

Conxuntamente, deberá porse a disposición do traballador, a indemnización que lle corresponde, xa sea mediante transferencia bancaria na que o traballador viña habitualmente percibindo os salarios ou mediante un cheque.

Este punto é fundamental xa que se o cheque non ten fondos, ou se calcula mal a indemnización (salvo error excusable) despide o despido en improcedente.

c) Recoñecemento por parte da empresa da improcedencia do despido

En numerosas ocasión a empresa sabe que non ten ningunha causa para despedir ó traballador, recoñecendo así a propia improcedencia. Esta declaración de improcedencia do despido outorga o recoñecemento ó traballador o dereito a percibir a indemnización máis alta que recolle o noso ordenamento xurídico.

Tras a reforma laboral no ano 2012, a indemnización por despido quedaría tal que:
  • Se a antigüidade é anterior do 12 de febreiro de 2012, a indemnización será de 45 días por ano traballado. 
  • Se a antigüidade é posterior ó 12 de febreiro de 2012, a indemnización será de 33 días por ano traballado. 
O traballador ten a obriga de comprobar se o cálculo da indemnización foi a correcta ou se ten as características de ser considerado "nulo". O importante é un asesoramento dun profesional especializado, pois moitas veces os cálculos son imprecisos ou non se realizan no procedemento adecuado.

A consecuencia principal da improcedencia do despido é a elección por parte do empresario (salvo se o despido é dun representante do traballador ou delegado sindical) de entre readmitir ó traballador ou abonar a indemnización correspondente.

Se crees que é interesante, dalle a "me gusta" á nosa páxina de Facebook e comparte o presente blog nas túas RRSS, porque #CompartindoEducas.

Comentarios

Entradas populares