O estudio como necesidade

O estudio é concebido como unha obriga que nace na procura dunha vida mellor e dun mellor nivel de vida. Pero existe unha "rara avis", un animal irrecoñecible: a xente que é unha adicta ós estudios, querer aprender e sobre todo, unha curiosidade e unha inquedanza por aprender.

Nestes días tan convulsos pola actualidade estudiantil, valores como o esforzo, o traballo e o talento deben ser a base da nosa vida. Con isto, non digo que sexa necesario ter unha titulación académica, nin moito menos. Porén, tampouco se debe ir a extremos radicais, nos que se indica que calquera pode ser calquer cousa sen necesidade de título validatorio. Un título é moi útil se pensamos na pronta veracidade que a priori o integra.


Pero retomando o anterior, un dos principais "problemas" para moita xente que quere aprender é a escasez de tempo. Eu digo, se un quere, hai tempo para todo. Esta frase pode ter certa discusión pero é indiscutíbel, que unha boa organización vital pode mellorar, e moito, a facilidade para aprender, sobre todo entre os cativos.

Tamén temos que ter en conta a necesidade ou non de dita formación. E dígoo sobre todo, pensando en aquela xente que lle da igual aprender en un ano, dous, ou tres. E pode ser este unha solución o problema temporal, se un non ten tempo para ir todos os días a unha academia ou escola, pode formarse nun día á semana pero tendo en conta que o periodo formativo pasaría de un ou dous anos, por exemplo, a tres ou catro, ou os que se precisen.

Finalizo, isntando ó lector a que busque aquilo que máis lle guste para aprender. Non todo ten que ser formación teórica como unha lingua, por exemplo, pode ser unha ciencia, unha tecnoloxía ou mesmo unha carreira artística. O importante é crer nun mesmo, crer que pode chegar a formarse e aprender o que a un lle gusta.

Se crees que é interesante, dalle a "me gusta" á nosa páxina de Facebook e comparte o presente blog nas túas RRSS, porque #CompartindoEducas.

Comentarios

Entradas populares