O asasino en serie (I)
Comezamos hoxe unha serie de publicacións relativas a un
tema, sempre interesante dende o punto de vista mediático e que se atopa
cinguido a unha longa lista de desafortunados casos que, se algo nos deixaron
en herdanza, foi un importante avance no estudo do comportamento humano,
logrando así un mellor encaixe no ámbito xurídico-penal.
A definición máis usual da expresión “asasino en serie”
refírese ó homicidio de tres ou máis persoas ó longo do tempo, que poden ser
días, semanas, meses e incluso anos; non obstante, o asasinato en serie é
amplamente máis heteroxéneo e complexo.
O estereotipo de asasino serial é un home branco, non
maior de 35 anos cuxas vítimas preferidas adoitan ser nenos e mulleres que son
asasinados de xeito sádico, dito o cal, fóra do estereotipo nomeado, existen
casos diversos que serán analizados ó longo de esta serie de publicacións. Mostra
de elo é a existencia de viúvas negras
ou anxos da morte, os cales, nin son
homes, nin asasinan con sadismo.
O doutor Harold Shipman asasinaba ás súas vítimas – de
cantidade total descoñecida e, na súa maioría anciáns – mediante a aplicación
de elevadas doses de morfina, xeralmente cunha fin económica tralo falseamento
de testamentos. A violencia é inexistente e o veneno o seu modus operandi.
Dito o cal e seguindo a tese do profesor Eric W.Hickey, a
definición do asasino en serie debe aterse ó esencial, é dicir, o homicidio de
tres o más persoas cometido en diferentes circunstancias, atopándose vinculadas
as vítimas – usualmente – por algún patrón nos medios empregados ou nos motivos
para cometer eses crimes.
No seguinte capítulo entrarei a analizar a capacidade de
organización deste tipo de delincuentes, é dicir, falarei dos asasinos seriais
mellor e peor organizados.
Comentarios
Publicar un comentario