O concepto do delito


Tódolos días, tralo abrente, sucédense unha gran cantidade de novas e tertulias nas cales se manexan de xeito ceibe moitos termos sen o coñecemento adecuado do seu contido. Así se crea unha opinión pública viciada de inexactitude e incoherencias.

Para superar este inconveniente, en relación ó coñecemento de termos, debemos atender ó disposto no Código Penal, concretamente no artigo 10. Nel, establécese o seguinte:

Son delitos as accións e omisións dolosas ou imprudentes penadas pola lei

Fala, este décimo artigo do código penal, de accións ou omisións, e dicir, un delito pode realizarse de forma activa, coma, por exemplo, unhas lesións, ou ben, de forma pasiva, como é a omisión do deber de socorro. Ambos deben ser levados a cabo de forma consciente – que non dolosa, pois tamén una imprudencia pode constituír delito -. Isto é, o principio de acción. As accións deben ser penadas pola lei, entramos así no segundo dos principios a ter en conta na definición do delito, isto é, o principio de legalidade. A que nos debemos cinguir para falar de principio de legalidade? A resposta é sinxela: un delito debe estar previsto nun tipo penal, é dicir, nun artigo do código penal. A súa imposición deberá ser establecida polo xuíz, unha vez establecida a responsabilidade obxectiva.

É certo que ata o século XIX – en parte, gracias ao predominio da escola clásica criminolóxica – considerouse que os delitos debían ser acción e omisións voluntarias e espontáneas, isto é, relacionadas co principio de libre albedrío. O gran inconveniente era que se identificaban os actos voluntarios como os involuntarios dentro do contexto da libre elección de actos independentemente da vontade delitiva de cada caso. Por iso surxiu o concepto de acción.


Constitúen acción os feitos humanos, dentro de que soamente as persoas físicas está suxeita á acción penal da que falamos (outra cousa ben distinta é a responsabilidade penal derivada de certos comportamentos das persoas xurídicas); evitable, é posible elixir non levala a cabo e, exterior, debe ser manifestada no mundo exterior xa que non é posible delinquir mentalmente.

Tamén, é importante facer unha agrupación dos elementos constitutivos do delito, sendo necesario sempre prestar atención ó concepto dogmático, en virtude do cal, tales elementos serían: a acción ou omisión, a tipicidade, a antixuridicidade e a culpabilidade. Non debemos esquecer tamén a alusión á pluralidade.

Finalmente, non debe ser motivo de disuasión senón de motivación o feito de consultar a un experto ou, algún dos múltiples códigos existentes nos nosos días. Primeiro coñecer e logo opinar.

Comentarios

Entradas populares