Laboral: O despido obxetivo, en que consiste e que dereitos tes como traballador
O despido é unha decisión unilateral do empresario pola que se extingue o contrato de traballo entre o empresario e o traballador. A ley permite ó empresario extinguir a relación laboral cos seus traballadores en determinadas situacións e requisitos.
Cales son as causas do despido obxetivo?
O despido por causas obxestivas regúlase no Estatuto dos Traballadores e poden producirse polas seguintes causas:
- Ineptitude do traballador. Debe tratarse dun traballador que non realiza correctamente todas as funcións derivadas do seu posto. Terá que ser unha ineptitude que se coñeza despois de que o traballador empece na empresa.
- Falta de adapaptación as modificacións técnicas necesarias. Existen situacións nas que o traballador non pode desempeñar o seu traballo por un cambio de tecnoloxías ou situacións similares.
- Causas técnicas, organizativas, productivas ou económicas. En algúns casos, a empresa pode comezar a usar ferramentas que melloren a producción ou supoñan, algún tipo de reestructuración, ou simplemente, poden ter dificultades económicas, o que supón a necesidade de despedir a algún traballador.
- Faltas de asistencia ó traballo xustificadas pero intermitentes. O Estatuto dos Traballadores sinala unha serie de requisitos para que as faltas xustificadas sexan consideradas unha causa de despido. Terán que alcanzar un 20% das xornadas hábiles en dous meses consecutivos e un total das faltas de asistencia en 12 meses que alcancen un 5% da xornada hábiles ou o 25% en 4 meses discontinuos.
Se me despiden, que dereitos teño?
No despido obxetivo, a empresa deberá notificar por escrito cun prazo mínimo de 15 días de antelación e establecer a causa concreta do despido. Se a empresa non cumple este requisito terá que pagar a parte proporcional dos días que incumpra.
A empresa tamén ten a obriga de pór á disposición do traballador, ó mesmo tempo que a carta de despido, a indemnización de 20 días por anos de servizo, prorrateándose polos meses do periodo de tempo inferior a un ano, cun máximo de 12 mensualidades.
Ademas deberán entregar o certificado de empresa para que poidas solicitar o paro.
Durante o prazo de 15 días de preaviso terás dereito a 6 horas á semana para buscar un novo traballo.
A forma de recurrir en caso de despido obxetivo.
No caso en que te despidan por causas obxetivas poderás impugnar o despido presentando unha papeleta de conciliación no prazo de 20 días hábiles desde a data do despido ante a unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación da túa provincia.
No caso de que non exista avinza (non haxa acordo entre traballador e empresa), deberá presentarse unha demanda ante o Xulgado do Social.
En ambos casos, é recomendable contar co asesoramento dun abogado ou profesional da materia que te asesore. Se te atopas nun destes casos chámanos ó 603 030 447.
Se crees que é interesante, dalle a me gusta a nuestra páxina de Facebook e comparte o presente blog nas túas RRSS, porque #CompartindoEducas.
Comentarios
Publicar un comentario