Laboral: Tipos de despido.

Neste post analizaranse todos os tipos de despido existentes na nosa lexislación. Todos eles están regulados no Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (a partir de agora ET).

Se ben é certo que case nunca recomendarei que unha lei sexa de obrigatoria lectura, neste caso, creo que deberíase facer unha excepción. Toda persoa que se atope no mercado de traballo debería ter na súa casa un exemplar do Estatuto dos Traballadores, xa que nel contéñense unha gran parte dos dereitos que teñen os asalariados. 

O despido disciplinario

O despido disciplinario (artígo 54 do ET) é aquel no que o empresario decide finalizar o contrato por un incumprimento grave e culpábel do traballador como poden ser as faltas repetidas e inxustificadas, da puntualidadade ou a desobediencia, entre outros.

Existen moitas máis razóns que non aparecen na Lei, xa que os Convenios Colectivos normalmente adican un apartado para as sancións. Isto é moi importante xa que as faltas denominadas moi graves poden levar ao despido do traballador.

O despido obxetivo  

O despido obxetivo (artigo 52 do ET) é aquel polo que se extingue o contrato de traballo debido a causas económicas, técnicas, organizativas ou de producción.

Estes casos veñen pechados e van dende a ineptitude do traballador, pasando polas faltas de traballo ou mesmo por carencia de financiación nas entidades sen ánimo de lucro.

O despido colectivo (ERE de extinción) 

Os expedientes de regulación de emprego (ERE) ou despidos colectivos (regulado no artigo 51 do ET) prodúcese cado o despido obxetivo alcance a dez traballadores nas empresas de menos de 100, o 10% naqueles que ocupen entre 100 e 300 traballadores e 30 traballadores naquelas que a seu persoal sexa superior a 300. O procedemento, moi enfarragoso, atópase regulado no propio artigo 51 durante 11 puntos. 

Se crees que é interesante, dalle a me gusta a nosa páxina de Facebook e comparte o presente blog nas túas RRSS, porque #CompartindoEducas.

 

Comentarios

Entradas populares