Arrendamento: Cando deben devolverme a fianza?



Que é unha fianza?

A fianza é unha garantía que se realiza ao amparo do artigo 36.1 da Lei de Arrendamentos Urbanos e tamén no artigo 29 e seguintes da non tan coñecida Lei 8/2012, de 29 de xuño da vivenda de Galicia.

Na lei estatal, especifícase que “en el momento de celebrar el contrato de alquiler será obligatorio la exigencia y la prestación de una fianza en metálico en cantidad equivalente a una mensualidad de renta en el arrendamiento de viviendas y de dos en el uso distinto para la vivienda”. A lei autonómica é idéntica neste punto en concreto, pero o verdadeiramente importante aparece no artigo 30.2 no que se sinala o seguinte:

2. As persoas arrendadoras ou subarrendadoras de predios urbanos, trátese de arrendamentos de vivenda ou de arrendamentos para uso distinto do de vivenda, deberán depositar no Instituto Galego da Vivenda e Solo as fianzas e as súas correspondentes actualizacións, percibísenas ou non das arrendatarias ou dos arrendatarios, nos supostos nos que sexan exixibles e na contía establecida pola lexislación vixente.

O arrendador ou subarrendador, ten a obriga de ingresar os cartos da fianza no Instituto Galego da Vivenda e do Solo. De non facerse así, existen multas que son previsibles e evitables.

Outro punto importante, é o artigo 35 en relación á actualización da fianza, xa que:

1. Durante os cinco primeiros anos de duración do contrato, a fianza non estará suxeita a actualización. Porén, cada vez que o arrendamento se prorrogue, a persoa arrendadora poderá exixir que a fianza sexa incrementada, ou a persoa arrendataria, que diminúa, ata facerse igual a unha mensualidade, no caso de vivendas, ou a dúas, no caso de uso distinto ao de vivendas, da renda vixente ao tempo da prórroga.

E dicir, a partir do quinto ano, a persoa que alugue a vivenda ou local, a fianza incrementarase ou reducirase en función do novo contrato.




FAQ

Pode o caseiro negarse a devolvernos a fianza?

As principais razóns polas que o noso caseiro pode negarse a devolver a fianza son tres maioritariamente, pero poden ampliarse se as dúas partes están de acordo.

A primeira circunstancia é bastante obvia, o impago das rendas. Sinala a AP Barcelona, Sección 13, nº 494/2008, de 19/09/2008, Rec. 634/2007 que "a finalidade da fianza é a de garantir o cumprimento polo arrendatario para garantir o cumprimento polo arrendatario das súas obrigas arrendaticias, non tendo o arrendador a obriga de devolver a fianza senón ata o final do seu arrendo", é dicir, non se pode deixar sen pagar as rendas finais únicamente porque o arrendatario poida coller o montante no depósito garantido.

A segunda consiste no pago dos desperfectos do mobiliario ou electrodomésticos se existiren. A AP Las Palmas, Sección 5, nº 126/2013, de 25/03/2013, Rec. 766/2011 sinala que "a finalidade da fianza é a de responder non só as obrigas contractuais senón tamén os danos e menoscabos que o arrendatario causara no inmoble arrendado". A sentenza da a AP Madrid, Sección 13, nº 366/2012, de 13/07/2012, Rec. 573/2011 engade que "antes de proceder a cancelación da fianza valorarase, no seu caso, os danos producidos para ser imputados na mesma".

A última sería se a vivenda non se entrega en condicións razonables, a fianza sería destinada a plena restitución e limpeza se existira.

Porén no caso de que non existisen desperfectos nin deterioros no inmoble arrendado, o arrendatario poderá pedir que as cantidades compénsesnse ca fianza. Así o indica numerosa xurisprudencia como a sentencia AP Madrid, Sección 10, nº 176/2005, de 07/03/2005, Rec. 269/2004, que indica que "comprobada a inexistencia de danos e perxuicios no momento da entrega das chaves, ou polo menos, non tendo acreditado dano algún, é claro que o importe da fianza pedería e debeu ser compensado co das rendas debidas unha vez resolto o contrato, dispondo o arrendador dun mes para devolvela ou determinar no seu caso o saldo resultante unha vez compensada estas cas rendas debidas".

O caseiro ten 30 días para devolvernos a fianza?

Este é un problema controvertido xa que na actual regulación únicamente aparece recollido que esta fianza, restituirase unha vez finalizado o contrato de aluguer. En ocasión o contrato pode contemplar unha cláusula que contemple una demora na entrega de dita fianza, pero sempre será previo acordo de ambas partes. É este feito o que determina o prazo dos trina días, pois é a Lei de Arrendamentos Urbanos a que marca que o pago dos intereses comezará a partir do día 30.

Que podo facer no caso de que o arrendador non me devolve a fianza?


Nestes casos, se non existe unha obriga xustificativa para a súa non devolución, teremos que pasar polo xulgado. Un bo asesoramento pode levarnos á restitución íntegra da fianza, que segundo o caso, pode unha cantidade moi importante.

Se crees que é interesante, dalle a me gusta a nuestra páxina de Facebook e comparte o presente blog nas túas RRSS, porque #CompartindoEducas.

Comentarios

Entradas populares