Breve análise do delito acontecido en Bilbao
En menos dun par de meses detivéronse en Bilbao a catro menores de idade acusados de homicidio. Os derradeiros atópanse na idade de 14 e 16 anos. Para máis inri con antecedentes por roubo. Ben, o caso é grandemente preocupante xa que nos atopamos nun perverso concurso de circunstancias escasamente probables, é dicir, dentro da idade de imputabilidade dos menores, os que menos delinquen son os de 14 anos; por outra banda, o delito menos cometido polos menores é o homicidio.
Sendo consciente da especialidade - e especial gravidade - do caso, polo feito de ser consecuencia dunha delictiva asociación en forma de mafia de menores, non é menos certo que, estes suxeitos, son vítimas dunha máis que probábel "psicopatía xuvenil". Dise que, actualmente, entre o 1% e o 4% da poboación rexistra caracteres de personalidade de rasgo psicopático. Unhas 500.000 persoas, aproximadamente, se nos inclinamos polo mellor dos casos e, preto dos 2 millóns se nos cinguimos ao caso máis pesimista da estatística. Cifras proxectadas no ámbito estatal.
Estamos a falar de suxeitos cuxos caracteres da personalidade atópanse vencellados a moitos dos factores que se teñen en conta á hora de levar a cabo un análise da escala PCL, é dicir, aquela que analiza as potencialidades psicopáticas dun individuo concreto.
Desde un punto de vista interpersonal, esto é, no que abrangue as súas relacións e os seus modos de socializar, queda claro que falamos de rapaces cun importante control da impresión persoal, disminuindo os problemas que os levan a actuar deste xeito e superandoos con comodidade; ademáis queda claro, polo seu "modus operandi" que se trata de individuos cun grande sentido de valía persoal, o seu obxectivo é roubar e, se é preciso matar para conseguilo, non é incoveniente, solo un obstáculo sinxelamente superable.
Falta de remordimentos e incapacidade de acatala responsabilidade polo comportamento delitivo, aplicables a calquer reincidente - coma neste caso - e insensibilidade, perigosamente fundido ca clara falta de empatía e frialdade na execución do ilícito penal, son elementos que se aglutinan dentro do factor personal interno ou afectivo dunha persoa con inclinacións psicopáticas.
A escala psicopática abrangue tamén factores personais de "estilo de vida" ou o feito de considerarse "antisocial", mais é ben certo que sería necesario un estudo máis personalizado de cada un dos perfiles persoais dos compoñenetes desta perigosa mafia surxida en Bilbao; nembargantes, un pobre control da ira, a falta de metas realistas ou a impulsividade son elementos que, moi probablemente observen os expertos namentres o proceso avanza.
Sirva esta pequena análise como unha preparación para todo o que imos escoitar nos próximos días nuns medios de comunicación faltos de técnicos na materia, de dilixencia e de rigurosidade á hora de afrontar esta realidade, na cal, de novo un pequeno número de menores delinque e, de novo, a xeneralidade dos menores será prexuzgado por unha sociedade necesitada de opinar de todo, informarse antes - por desgracia - é opcional.
Comentarios
Publicar un comentario