A idade penal no sistema actual
Afrontamos,
nesta publicación, a análise da idade mínima a partir da cal, un suxeito debe estar
suxeito ao sistema penal e, consecuentemente, ás consecuencias xurídicas
establecidas no mesmo no caso de realizar un acto delitivo. Actualmente, en
España, ca entrada en vigor da Lei Orgánica 5/2000 do 12 de xaneiro, a idade de
imputabilidade dos menores establécese nos 14 anos. O criterio ó que se debe
atender para o establecemento deste límite está en estrita relación ca súa
capacidade de comprensión das normas e a súa vontade de violalas, é dicer, da
imputabilidade.
O
concepto fundamental sobre o cal vai pivotar o establecemento da nomeada idade
penal, como se estableceu con anterioridade, é o de imputabilidade. Unha persoa imputable é aquela que, en primeiro
lugar, goza da capacidade de comprender a ilegalidade ou as danosas consecuencias
dos seus actos e; en segundo lugar, ten a vontade de causar ditos danos, cuxo
prexuízo e reproche social é coñecido por esta. Deste xeito, un individuo que
comete unha acción sen coñecer o perigo da mesma ou, sen ter a vontade de
levala a cabo, non sería imputable, ou ben, tería o seu grado de imputabilidade
reducido.
Supón unha gran controversia o establecemento dunha ou outra idade de imputabilidade posto que, doutrinalmente, existe quen defende unha redución da mesma, por outra banda, atópanse aqueles que son partidarios dun mantemento nos 14 e, finalmente, atopámonos aqueles que defendemos un incremento da mesma ate os 16. Hoxe en día non é depreciábel o número de delincuentes menores de idade mais, ben é certo que falamos dunha cantidade amplamente reducida para os 14 ou os 15 anos, incrementada cando nos achamos entre os 16 e os 17 anos. Como consecuencia, os delitos increméntase cando se incrementa a idade, comezando a ter importancia os datos a partir dos 16.

Un
diferente campo de estudo de amplo interese é o das políticas penais aplicábeis
ós menores, as cales, facendo un estudo comparativo arroxan importantes
diferenzas entre os diferentes países da nosa contorna xeográfica. Unha das
cuestións chave refírese á vontade do estado de salvagardar os dereitos humanos
e, por ende, os dereitos do menor. Estamos a referirnos, dun xeito sobranceiro
á idade a partir da cal son tomados en conta como posíbeis suxeitos de
aplicación dun réxime penal. A idade é un elemento obxectivo dunha gran
importancia, posto que a súa personalidade está en plena formación.
O
sistema penal do noso estado alíñase co resto de sistemas europeos, isto é,
emprega unhas políticas máis suaves ou, por matizar, máis garantistas co
dereito do menor. Consiste no establecemento dunha importante cantidade de canles
– consecuencias xurídicas – dirixidas á reinserción do menor, a diferencia do
sistema, grandemente restritivo que existe, actualmente en países tan importantes
coma os Estados Unidos e que supón, por suposto, outro dos campos favoritos de
debate para a doutrina xurídica.
Comentarios
Publicar un comentario