O criminal xove (II)
Afrontamos neste segundo capítulo referido á tipoloxía de
criminais xoves ós delincuentes xuvenís individuais, dentro dos cales, atopamos
os seguintes:
- Impulsivos.
Este tipo de
adolescentes son vítima dos seus impulsos e, polo tanto, da incapacidade de
percibir a gravidade dos seus feitos. É certo que o tipo de delitos que cometen
son moi leves e, en moitos casos, simplemente son vistos como gamberros perante
os seus pais ou outros adultos.
Este perfil de
delincuente non presenta hostilidade ante as súas autoridades de control
interno – familia – nin externo – policías ou profesores -. Finalmente adoitan
arrepentirse e avergonzarse dos seus actos.
- Ladróns de medios de transporte.
É unha tipoloxía que non
adoita gozar de autonomía noutras clasificacións. Trátase dun pérfil de
adolescente que entende o roubo como diversión e que ten especial predilección
polos medios de transporte, desde bicicletas ata, nos casos máis graves, coches
ou motocicletas.
Son persoas ás que lles
custa adaptarse ou integrarse en diversos grupos de iguais. A súa carreira
delitiva adoita acompañalos ó largo da súa adolescencia.
- Adictos
Un
tipo de adolescente cuxo crecemento é galopante nos derradeiros anos,
especialmente polo preocupante incremento das posibilidades en relación ca
ludopatía, e o criminal xove adicto. Existen un gran número de adiccións, pero
todas eles teñen un elemento común: a necesidade de realizar un comportamento
concreto, xa sexa a intoxicación ou o feito de apostar cartos a unha
probabilidade determinada.
Este
tipo de comportamentos empeza cada vez a idades máis temperás, polo que son
paralelas a totalidade da adolescencia. Nos casos nos que non se produce unha
“desintoxicación” e se agravan rematan derivando na comisión de delitos contra
a propiedade, nomeadamente hurtos, roubos con forza e apropiacións indebidas.
O
seu apego para con obrigas de carácter educativo ou laboral é practicamente
nulo xa que precisan unha cobertura inmediata das súas necesidades e son incapaces
de tolerar a espera da recompensa.
- Agresivos.
O perfil ó que responden
este tipo de criminais xoves é o de unha persoa altamente negacionista e, en
moitos casos ditatorial hacia os seus pais e amigos – que adoitan perder nunha
breve marxe de tempo – xa que, xeralmente gozan dun desenrolo físico superior á
media. Cústalles socializar e séntense vítimas dunha sociedade inxusta que lles
xera unha sorte de impotencia en todo o que rodea as súas vidas.
Rouban e provocan danos
indistintamente de que se trate do seu propio fogar, da escola ou dun lugar
público; por contra, non adoitan ser propensos á causación de danos físicos,
quedándose na ameaza ou na fuxida.
- Psicopático
Segundo un recente
estudio psicolóxico, no 4% da sociedade obsérvanse trazos psicopáticos de
personalidade e, por tanto, os xoves non poden fuxir de dita estadística.
Caracterízanse por unha grave falla de empatía hacia o resto da sociedade, así
como por ser persoas grandemente calculadoras e aparentemente, privados de
sentimentos.
Os delitos cometidos por
persoas psicópatas son enormemente graves e precisan de gran preparación,
elemento que marca a diferencia entre os criminais adultos e xoves, xa que
estes últimos non teñen os medios suficientes ou o coñecemento para a
planificación destas conductas.
Os adolescentes con
trazos psicopáticos poden proceder de calquera estrato social. Afortunadamente
este tipo de delincuentes é practicamente residual nos estados nos cales a leis
non facilitan o acceso ás armas; no caso contrario increméntase notoriamente a
cifra de adolescentes que levan a cabo conductas cualificables de psicopáticas.
Comentarios
Publicar un comentario