A cifra negra da criminalidade
O concepto a analizar está íntimamente ligado cunha
realidade volátil como é a extensión da criminalidade, é dicer, referido ó
feito de que un delito pode producirse e denunciarse, mais tamén pode
producirse e non ser denunciado, deste xeito quedaría oculto e nunca sería
incluído nas cifras oficiais da delincuencia, dificultando así levar a cabo una
política criminal máis adecuada á realidade delitiva.
A expresión cifra
negra da criminalidade ou criminalidade
oculta ideouse no seu inicio para designar ó baleiro estatístico no cal
quedan os delitos ocultos, esto é, producidos pero non denunciados, pero que se
deben sumar a aqueles que constan nas cifras oficiais para coñecer os datos da criminalidade real. Deste xeito,
entendemos por criminalidade real aquela que resulta da suma dos delitos
denunciados ou entrados a coñecer de oficio e a aqueles que permanecen ocultos
e, polo tanto, non restou constancia estatística dos mesmos. Resulta tamén
interesante o concepto da criminalidade
aparente, é dicir, aqueles feitos que teñen apariencia de infracción penal
pero que non foron denunciados e, polo tanto, precisarían de ser enxuiciados
para saber se son ou non típicos ou susceptibles de ser penados.
Centrándome no concepto central do día de hoxe, a cifra negra da criminalidade, sería o
territorio no que quedarían os denominados crímenes
perfectos, é dicir, aqueles que – xa sexa pola habilidade coa que se
cometeron ou pola falta de coñecemento e posterior xuízo dos mesmos ou por
outros motivos – conseguen o obxectivo de ser perpetrados sen sufrir as consecuencias
xurídicas posteriores. Trátase, en poucas verbas, daqueles ilícitos penais
executados sen que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, nin Ministerio
Fiscal, nin os Órganos xurídicos fagan efectiva a reacción do poder xurídico
ante o feito e ante os seus suxeitos activos ou presuntos criminais.
É, tamén, fundamental o feito de que non sexa posíbel
falar de cifra negra ou cifra oculta da criminalidade aludindo unicamente
ó feito de fuxir da man da xustiza pola destreza delitiva do autor. Gozan de
importante relevancia aqueles delitos onde a ocultación provén do suxeito
pasivo, é dicer, da vítima do mesmo. Os motivos adoitan ser, entre outros: piedade, temor ás
represalias, falta de confianza no poder xudicial e – en non poucos casos – una
distorsión cognitiva que leva á víctima a crer erróneamente que non se tratou
dun comportamento delictivo. O exemplo máis claro son as vítimas de violencia
machista, delito no cal se observan moitos dos motivos esgrimidos anteriormente
para evitar efectuar dita denuncia.
A modo de conclusión, dicir que existen diferentes
teorías sobre a posible, se non eliminación absoluta, minoración dos datos que
conforman a preocupante realidade da criminlidade
oculta. Os propulsores das mesmas levamos a cabo propostas directamente
relacionadas ca política criminal e ca protección integral do denunciante desde
o momento no que se leva a cabo a denuncia, tales como a alternativa
habitacional dunha forma extensiva, o incremento do alcance das medidas
cautelares e, por suposto, o endurecemento das penas derivadas dos delitos de
violencia machista.
Comentarios
Publicar un comentario