A sustracción de menores
Nas derradeiras
semanas, atopámonos, toda a sociedade, inmersa nun dos moitos casos que se converten
en mediáticos da noite para o día sen todavía saber moi ben como, falo do caso
de Juana Rivas. A consecuencia directa da mediatización dun litixio é sempre a
mesma: o feito de que se xenere un debate social no cal todos somos xuíz e
parte aún e sen coñecer tódolos elementos do caso, a definición dos mesmos ou
mesmo a súa cronoloxía. Neste caso o elemento de xuízo é a presunta existencia
dunha sustracción e retención de menores, así como un secuestro.
O pasado mes de
decembro, o Xulgado de Primeira Instancia do Civil de Granada do condenou a
Juana Rivas pola comisión dun delito de sustracción de menores e, como é
habitual ó pago das costas do caso. A denuncia foi levada a cabo pola avogacía
do estado traspondo así a petición levada a cabo pola Autoridade Central
Italiana. Prodúcese deste xeito una situación na cal una persoa obvia a lei e
actúa de motu proprio, algo que, a
ollos da xustiza solo é posible en casos autorizados excepcionalmente polo
ordenamento xurídico.
Entrando xa no
análise do delito de sustracción de menores, hai que ubicalo no artigo 225 bis
do Código Penal onde establece como conductas típicas –castigadas- as
seguintes:
- O traslado dun menor desde a súa residencia habitual sen consentimento do proxenitor con quen conviva habitualmente ou sen o das persoas ou cas que conviva habitualmente ou das institucións que teñan confiada a súa garda ou custodia.
Este
é un exemplo que se produce habitualmente en supostos nos que o pai ou a
nai que soamente ten un réxime de
visitas aproveita para a entrega do menor para exercer ese réxime de visitas
levando ó menor a residir con el.
- A retención sería o segundo elemento, de xeito que se incumpra de modo grave a resolución xudicial ou administrativa na que se estableza o réxime de custodia. En ocasións existen causas para o incumprimento das mesmas, que terán que ser probadas se se entenden como xustificadas e, evidentemente, carrexar responsabilidade xudicial.
Actualmente non
existe a posibilidade de denunciar – en vía penal – o incumprimento de
elementos do acordo de separación como réxime de visitas, comunicacións ou
estancias; sen embargo, ben é certo que existe o tipo delituoso da sustracción
do menor por parte do proxenitor nun contexto de non convivencia habitual.
Xurisprudencialmente
goza de gran importancia a Sentencia do Tribunal Supremo con data 19 de xaneiro
de 2016, nela, ratifícase a condena a un pai como autor dun delito de
sustracción de menores a penas de dous anos de prisión e inhabilitación
especial para o exercicio da patria potestade. O motivo do que se deriva dita
condena foi o feito de, oito anos antes, impedir inxustificadamente que a nai
do menor pasase o mes de agosto co seus fillos pese a ser requirido por unha
sentencia xudicial; produciuse, ademais un dano económico, ó perder unha viaxe.
A non restitución dos menores e a falta de comunicación da ubicación dos mesmos
por parte do pai adaptouse á conducta típica prevista no Código Penal.
A modo de
conclusión é importante facer mención á aceptación social da que goza o feito
de “tomarse a xustiza pola propia man” nalgúns supostos entre os que destaca a
sustracción de menores nun caso de conflitividade latente entre os seus pais,
unha aceptación social que pode crear un precedente arriscado tanto para este
tipo de delitos en particular como para outros en xeral.
Se cres que foi interesante, dalle a "me gusta" a nosa páxina de Facebook e comparte o presente blog nas túas RRSS porque #CompartindoEducas.
Se cres que foi interesante, dalle a "me gusta" a nosa páxina de Facebook e comparte o presente blog nas túas RRSS porque #CompartindoEducas.
Comentarios
Publicar un comentario